Xornada de convivencia en As Extremas

 Onte vivimos unha magnífica xornada de convivencia deportiva na que participaron varios centros educativos, compartindo experiencias, compañeirismo e moita ilusión a través do deporte e dos xogos tradicionais.

Ao longo da mañán, o alumnado puido gozar de actividades e xogos como a chave, a corda, os zancos, os relevos, o pano ou os xogos cooperativos, fomentando valores tan importantes como o respecto, o traballo en equipo, a inclusión e a convivencia.

Foi unha oportunidade perfecta para crear novas amizades, aprender uns dos outros e manter vivas as nosas tradicións dun xeito divertido e participativo.

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario