BOAS RAPAZADA!
O pasado xoves tivemos a sorte de celebrar o III Encontro de Letras na Praza, desta volta no CEIP Doutor Suárez.
Por terceiro ano consecutivo puidemos gozar de Letras na Praza para conmemorar o Día do Libro, unha xornada moi enriquecedora na que compartimos experiencias co alumnado doutros centros.
Este ano tivo lugar no CEIP Doutor Suárez en Fornelos e como colexios invitados foron o CEIP A Lama, o CEIP de Mondariz e nós. Alí, puidemos gozar das diferentes estacións que nos tiñan preparadas e as cales non só xiraba en torno a literatura senón que tamén tiñan como obxectivo promover a inclusión, a igualdade ou hábitos saudables. Algunas delas foron: libros na póla, robótica, banda deseñana da praza, elaboración de chapas e pulseiras da amizade, realización de puzzles colaborativos, lendo as ondas, historias sobre rodas, poesía visual, deportes adaptados ou cadea de historias infinitas entre outras.
Sen dúbida, unha gran xornada!
Apertas
Castañón
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario