Saímos a coñecer máis sobre Cerdedo-Cotobade!

 BO DÍA RAPAZADA

O pasado venres tivemos a gran sorte de coñecer en profundidade como anitgamente se traballaba no noso concello.

Grazas á colaboración dunha familia o alumnado puido aprender de primeira man as diferentes ferramentas que se empregaban para traballar o campo como o sacho ou eixada, o pico, a gadaña, a fouciña, o arado, o carro, o adival... e moitísimos máis!

Despois desta explicación xeral, fixemos pequenos grupos e fumos rotando polos diferentes espazos que nos tiñan preparados onde a rapazada aprendeu sobre como se lavaba antigamente nun lavadoiro, en qué consistía mallar o millo (veron incluso algunha foto!), debullaron e tamén veron de primeira man como era a estructura das casas, sen esquecernos que puideron coñecer como eran diferentes utensilios como a prancha de ferro, o forno de pedra, o crivón...

Para rematar visitamos a explotación gandeira de Roberto en Viascón, onde coñeceron de primeira man a raza candelá, especie das cales hai moi pouquiñas en na nosa comunidade.

Continuamos aprendendo todo sobre o noso concello dentro do noso PDI.

Apertas 

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario