BOAS RAPAZADA!
O pasado venres tivemos a sorte de participar nun obradoiro con Sabela Gago.
Na primeira parte da sesión realizamos un contacontos en familia no que a protagonista, nun garabato atopa un barco pirata: o barco de Cabeza Vermella, con rumbo a illa Salgada en busca do tesouro de
Pitiminí. O público converteuse na tripulación a través de coreografías e
cancións, participou na trama deste conto onde o xogo e a imaxinación levarán
a nenas e nenos a desprazarse pola proa izando veas, pescar a estribor, limpar
a cuberta en babor ou otear o horizonte na popa.
Unha vez feito isto, chegou a parte artística: a creación plástica. Todos os participantes, rapaces e familias crearon un garabato xigante nun papel grande dirixidos pola animadora.
Apertas
Castañón
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario