Festexamos o magosto!

 BO DÍA!

Que ben o pasamos no magosto!

A pasada semana festexamos o magosto coas nosas familias nunha xornada onde xogamos ao de sempre e degustamos unhas castañas asadas que estaban boísimas!

Algúns destes xogos xa son ben coñecidos polo noso alumnado como o lanzacastañas, a carreira de sacos ou o recollecastañas pero tamén incorporamos xogos novos grazas ás familias como o treus en raia ou as damas, que sen dúbida foron un éxito. 

Unha gran xornada de convivencia na que todos xuntos conmemoramos unhas das festas máis populares da nosa comunidade.

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario