Día das bibliotecas escolares e inauguración do PDI

     OLA RAPAZADA!

O 24 de outubro festexamos o Días das Bibliotecas Escolares e, polo tanto, tivo lugar a inaguración oficial do noso PDI deste ano: Dende a Cuqueira para o mundo.

Unhas das nosas actividades máis populares e a que constitúe a primeira toma de contacto co proxecto é o noso concurso de ambientación de portas. Ao longo do mes de outubro a nosa rapazada comezou a investigar e pensar en como decorar a súa porta para poñerse mans á obra.

 
Despois da votación, as clases galardoadas foron co terceiro premio o grupo de infantil da profe Fani co seu foxo do lobo, os cales abondan no noso concello verdade? O segundo premio este ano foi para a clase de 5º e 6º quenes fixeron unha auténtica verbena e nos fixeron un pequeno itinerario de todas as festas gastrónomicas e, o primeiro premio foi parar á outra clase de infantil, a da profe Marina, cos cabaleiros de Cerdedo-Cotobade.

Sen dúbida, unhas portas marabillosas. Cada ano a competencia é maior!

Para rematar a xornada visualizamos Comba e Buxo, un video que amosa o noso concello e despois compuxemos un crecabezas do mapa do concello, no cal cada aula ciclo ía pegando a súa peza correspondente coas diferentes parroquias.

Agora toca seguir investigando arreo para aprender moito máis da nosa contorna.

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario