RAPAZADA!
O pasado venres festexamos no noso centro o Samaín, unha festa de tradición galega.
Este ano para festexar o Samaín noso centro a rapazada podía vir disfrazada con temática que tivera relación co noso concello e a verdade é que tiveron unha imaxinación incríble, ata gardiáns da porta do alén tivemos!
Ademais temén puideron traer decoradas as súas cabazas como tódolos anos xa este ano estas se deixaron no cruceiro que temos na nosa localidade, preto da praza de A Chan como unha pequena ofrenda.
Para rematar, este ano fomentamos un concurso de relatos de Samaín no cal todo o alumnado participante recibiu un pequeno agasallo. Ademais, os gañadores tamén levaron o seu merecido premio. Por outra banda, a rapazada de 3º e 4º realizaron frases poéticas de temática do samaín, quedáronlle chulísimas!.png)
.png)
MOITAS GRAZAS AO NOSO ALUMNADO E ÁS SÚAS FAMILIAS POR COLABORAR SEMPRE CO NOSO COLE
SAÚDOS
CASTAÑÓN
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario