Dinamizando a biblioteca: mes de outubro!

 BOAS A TODOS/AS!
No mes de outubro comezamos coas actividades que axudan a dinamizar a nosa biblioteca despois do comedor.

Este ano, co obxectivo de seguir mellorando quixemos levar a cabo actividades que tiveran un maior interese por parte do noso alumnado polo que, en setembro, tódalas aulas recolleron unha chuvia de ideas sobre aquelas que lles resultaban máis atractivas.

Así, vimos que unha das cousas que máis botaban en falta era a lectura libre.

Tamén levamos a cabo actividades que sempre triunfan como as construcións cos legos e o kapla ou o debuxo.

E xa por último, a robótica non podía faltar nas nosas tardes de biblioteca.

Vémonos nas actividades de novembro.

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario