I Semana de rodas!

 BOAS RAPAZADA!

Este curso xa tivemos a gran sorte de poder gozar da nosa primeira semana de rodas.

Este tempo tan solleiro permitiunos poder gozar xa dunha das nosas semanas preferidas do ano: a semana das rodas!

Durante toda a semana o noso alumnado pasou os recreos sobre rodas, enchendo os diferentes espazos do noso patio de patíns, bicicletas, patinetes... 

Por aquí vos deixamos unha pequena mosta do ben que o pasaron.


Apertas

Castañón



Ningún comentario:

Publicar un comentario