Imos de Carbaruta a Arufe!

 BOAS RAPAZADA!
Xa fixemos a primeira carbaruta e coñecemos nin máis nin menos unha das xoias do noso concello: a aldea abandoada de Arufe.

Rapazada, este ano como imos traballar sobre o noso concello comezamos coñecendo un dos tesouros máis importantes do patrimonio de Cotobade: a aldea de Arufe.

Ao longo desta ruta fixemos diferentes paradas para coñecer algúns datos de interese como a casa antiga do Taverneiro, convertida agora nun albergue de peregrinos, explicamos que é o foxo do lobo e a súa historia, e unha vez en Arufe, centrámonos en investigar esta terra de canteiros e as súas construccións (horreos, pombais...).


Un día marabilloso e de moita aprendizaxe! 

Apertas

Castañón

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario