Rapazada, damos por rematado o club de lectura deste curso 2024-2025 coas actividades feitas neste último trimestre.
No caso do club de 3º e 4º lemos unha das novedades máis preciadas da nosa biblioteca: Todos contamos de Kristin Roskifte. Unha vez lido e traballado sobre o seu contido debatimos sobre o que aquilo que nos quere transmitir este álbum así como os valores que pretende transmitir, facendo especial fincapé na empatía e respecto polos demais. Como actividade final cada neno e nena fixo o seu propio "Todos contamos", combinando a expresión gráfica coa expresión escrita.
Xa por último, co alumnado de 5º e 6º decidimos ler un libro de poemas de Paula Carballeira, Contatrás, para despois escoller un dos poemas e traballar sobre el facendo un traballo audiovisual, concretamente un videopoema. Aquí vos deixamos o produto final que, sen dúbida, quedou incríble.
Apertas
Ningún comentario:
Publicar un comentario