EXPOSICIÓN 1 P.D.I."O ANO DE GALICIA": Xeografía, monumentos e gastronomía

 Boas rapazada!

Tras moitos impedimentos por fin puidemos levar a cabo as exposicións do P.D.I. do 1º trimestre e puidestes compartir todo o que aprendestes cos vosos compañeiros e compañeiras.









Os temas que se abordaron ao longo destes meses foron a xeografía, os monumentos e a gastronomía. 
Queredes coñecer cales son os lugares e monumentos claves do noso patrimonio? Demos paso a: 
1º e 2º, con xeografía galega
6º, cos monumentos e curiosidades acerca deles
5º, regueifando os monumentos

 


Para os máis lambóns, aquí vos deixo as exposicións máis gastronómicas da man dos grupos de infantil e de 3º e 4º de Primaria. 
A rapazada de 3 anos ensínanos a facer unha bóla de pan galega. Os seus compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos traen á exposicón os "Xantares galegos"; e rematamos co grupo de 3º e 4º que nos traen unhas receitas con moito ritmo.

 

 Noraboa polo traballo realizado este trimestre. Estou desexando que chegue abril para ver que será o próximo que nos traedes. 

Apertas, Castañón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario