Así celebramos o Nadal. Parte 2


Ademais de todos os obradoiros, realizamos un montón de actividades antes dese día, durante e á volta do Nadal para festexar estas datas. Queredes saber todo o que fixemos?


Na última semana de cole a rapazada escribiu a carta aos Reis Magos e a Papá Noel e recibimos a visita de Fernando, que veu recollelas, e tamén de Papá Noel (quen nos trouxo un pedazo agasallo).




Vimos as felicitacións das familias na nosa árbore de códigos QR










A rapazada de infantil tamén fixo o seu vídeo para felicitar o Nadal.


 Volvimos celebrar o sorteo da lotería da man de Javi e Amelia. Os seis afortunados gañaron un libro! Noraboa!!









 Un ano máis tomamos as uvas para festexar o novo ano e pedir os nosos desexos e tivemos sesión de cine con palomitas. 





                                       


E, por suposto, o nadal non remata ata que non tomamos o roscón e as distintas clases abriron os agasallos que eu, Castañón, lles deixei por Reis.



















Agardo que pasarades un Nadal xenial rapazada e que veñades coas pilas cargadas para todo o que está por chegar!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario