CLUB DE LECTURA: OS CAST@LECTORES/AS

 O pasado ano académico a rapazada que cursaba 5º iniciouse na experiencia dos Clubs de Lectura. Os clubs de lectura son grupos que se crean de maneira voluntaria para abordar unha lectura de maneira conxunta e poder compartir dúbidas, impresións, puntos de vista...

É unha ferramenta moi positiva para o fomento lector, pois achega dende o lúdico, dende o social e dende os intereses propios a lectura a todos os participantes.  

Como esta experiencia resultou tan motivadora e atraínte para o alumnado, este ano ampliámolo aos grupos de 5º e 6º. Ademais, tivemos a sorte de poder participar na convocatoria de Club de Lectura da asesoría de bibliotecas escolares, gracias ao cal puidemos adquirir novas coleccións.

O grupo do cole escolleu o nome de Cast@lectores e, neste primeiro trimestre, compartiron 3 lecturas e diferentes actividades nas que destacan os obradoiros de cociña e as reunións para poñer en común as lecturas.  

Os títulos, escollidos por eles mesmos, foron: 

- Los guardianes del tesoro (Chris Mould)

- El juego del universo (José María Plaza)

- Esmeraldina, a pequena defunta (Ledicia Costas)


Aquí tedes algunhas imaxes das reunións dos cast@lectores









Ademais, a rapazada de 6º puido interactuar coa autora de Esmeraldina e comunicarlle as súas impresións sobre o libro a través de instagram. 



Contareivos como lles vai este trimestre, que polo momento teñen escollidos os libros de "Wonder, a lección de August", "Ás de mosca para Anxo" e "Mamá, quero ser Ziggy Sturdust"


Castañón!



Ningún comentario:

Publicar un comentario