ENTREGA DE PREMIOS: LOTERÍA DE NADAL E CONCURSO DE DEBUXOS




Calquera ocasión é boa para agasallar cun libro, e ese foi o premio que levaron os e as afortunadas que lles tocou a lotaría de Nadal este ano: Mati e Alex de 2º, Blanca de 4º, Elba e Juan Pablo de 5º e Carla de 6º. Noraboa! Agardo que vos gusten as lecturas que escollín especialmente para vós





 En Nadal tamén convocamos un concurso de debuxo: "O meu Nadal gastronómico". Repartimos os premios á volta das vacacións e os premiados foron: 

  • Antón de 5º de Educación Infantil
  • Elba Fortes de 5º de Educación Primaria
  • Paula Cuíñas de 5º de Educación Primaria
  • Carla Fentanes de 6º de Educación Primaria


Noraboa polas vosas propostas tan orixinais e agardo que vos gustara o suxeitalapis de polbo feito coa nosa impresora 3D! E a todos os participantes, moitas gracias! 

                  

Animádevos cos próximos concursos que de seguro levades a vosa recompensa.


Castañón!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario