DÍA DA PALABRA


Ola rapaciños!
Aquí vos deixo o vídeo da charla do avó de Nerea de 3º para que lembredes todo o que nos contou sobre o PODER DA PALABRA nos tempos das feiras.






 E xa sabedes para calquera cousa...Castañón sempre á vosa disposición!

A ORIXE DAS FEIRAS

OLA RAPACES!

 Aquí vos deixo a presentación que usamos para as charlas da profe Paz sobre A ORIXE DAS FEIRAS, para que a poidades visualizar cando queirades. Agardo que vos guste.





CHARLA DAS FEIRAS



Rapaciños, aquí vos deixo o vídeo das charlas da profe Paz. 
Saúdos, Castañón!

SAMAÍN

Boas rapazada:

Hoxe dirixome a vós para encomendarvos outra misión , esta vez temos entre mans os APADRIÑAMENTOS TERRORÍFICOS, tedes á vosa disposición numerosos exemplares na biblioteca, na balda da entrada, onde colocamos as novidades podedes facer uso destes ou traer un das vosas clases. 
Ides ler os nenos de 3º ata 6º e van desfrutar das lecturas os alumnos de 3 anos ata 2º de primaria. 

Ademais disto coma cada ano por estas datas teremos o xa tradicional concurso de CABAZAS e tamén o concurso de BANDA DESEÑADA, así que xa sabedes poñedevos a traballar que o xoves está a piques de chegar e todos estes concursos temos que realizar!