Contando "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis"

 BOAS RAPAZADA!

O alumnado de 6ºEI e primeiro ciclo tiveron a sorte de escoitar o conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis".

A rapazada tivo a sorte de gozar dun contacontos cheo de humor e moita imaxinación arredor desta obra que fixo rir e pensar a todos e todas.

Durante este ratiño, o alumnado mergullouse na historia de Martiño, un neno ao que lle xorde un pequeno gran problema nunha noite moi especial. A narración de Chema, autor recoñecido da literatura infantil e xuvenil galega e de Pilar, unha docente e escritora recoñecida, conseguiu captar a atención de todos dende o primeiro momento. 

Este contacontos non só nos fixo rir senón que tamén nos axudou a falar das emocións, medos, rutinas e da importancia de escoitar o noso corpo.

Dende o centro queremos agradecerlle de novo a Chema e Pilar por darnos a oportunidade de poder gozar desta actividade tan enriquecedora.

Sen dúbida, lembraremos a Martiño na Noite de Reis!

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario