Chegou Papá Noel!

 Onte vivimos un momento moi especial no noso cole: recibimos a visita de Papá Noel.

A chegada de Papá Noel encheu de ilusión, sorrisos e espírito de Nadal o noso centro. 

Xa dende primeira hora o alumnado agardaba con moitos nervios a súa visita e cando chegou o alumnado recibiuno con aplausos e moita alegría. 

Houbo tempo para facer preguntas, contar desexos, repartir uns caramelos e sacarse un fotografía todos xuntos.

Sen dúbida, un dos momentos máis agardados do Nadal.

Apertas

Castañón


Ningún comentario:

Publicar un comentario