O alumnado de infantil e primeiro ciclo de primaria tiveron a oportunidade de gozar da visita de Arturo, o papá do noso compañeiro André.
Como xa sabedes, este ano estamos investigando todo sobre o noso concello e, concretamente, o primeiro ciclo está a investigar a diferentes persoeiros. Un deles é Arturo, membro fundador da Asociación Canón de Pau quen nos explicou de primeira man a historia da construcción do observatorio astronómico de Cerdedo- Cotobade e respondeu ás nosas preguntas e inquedanzas.
Grazas Arturo, por compartir un ratiño tan agradable con nós.Saúdos
Castañón
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario