Festexando o Nadal 23-24

 OLA RAPAZADA!

Que ben o pasamos o ú´timo día do trimestre! Este ano tivestedes a gran responsabilidade de salvar o Nadal aquí en Carballedo superando unha serie de probas pola contorna e a verdade é que o fixestedes xenial! 

A xornada comezou cun gran susto! Atopamos na nosa biblio unha nota que nos informaba de que Papá Noel estaba desaparecido e que, para atopalo, todos os nenos e nenas do cole debían superar unha serie de probas polo pobo: bailar e cantar panxoliñas, adiviñas, xogos de mímica, carreira de camelos... 

Quero darvos a noraboa polo ben que o fixestedes xa que tódalas probas foron superadas e puidemos ir de volta ben tranquilos para seguir disfrutando do día e, como todos os anos, poder tomar as uvas coas badalas e así festexar o noso fin de ano.

E xa por último,  non nos podiamos esquecer do noso Sorteo de Loteria! 
E eles foron os gran afortunados! NORABOA!
Sen dúbida, unha gran xornada antes das vacacións do Nadal! 

Apertas

Castañón 



Ningún comentario:

Publicar un comentario