BO DÍA RAPAZADA
Na xornada de onte tivemos a oportunidade de coñecer moito máis sobre a compostaxe grazas ao Plan Revitaliza impulsado pola deputación de Pontevedra.
O noso alumnado asistiu a diferentes obradoiros e talleres co obxectivo de entender máis sobre a compostaxe, a necesidade e importancia de ter un composteiro e levar a cabo unha boa xestión dos residuos para así contribuir ao medioambiente.No caso do alumnado de educación desfrutaron de Pekerecicla, unha actividade mediante a cal seguiron aprendendo de maneira moi divertida como debemos reciclar de maneira correcta.
O alumnado de 1º e 2º realizou o Xogo da Miñoca co cal aprenderon de maneira máis exhaustiva o funcionamento dun composteiro.
Xa por último, os cursos do 2º e 3º ciclo puideron ver de primeira man os animais que habitan no compost mediante a actividade Quen vive aí?, traballando ademais directamente no noso PDI: Carballedo, que animalada! A rapazada puido observar cadelas de frade, bichos bola, miñocas...e moitos máis!
Sen dúbida unha gran xornada!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario