BO DÍA!
Co remate do 1º trimestre o noso alumnado demostrou todo o aprendido sobre os animais cunhas magníficas exposicións.
En primeiro lugar, o alumnado de educación infantil explicou todo o que investigaron sobre os animais do fondo mariño: dende os océanos que hai ata os animais que habitan nos diferentes niveis de profundidade.
Despois foi o turno dos nenos e nenas de 1º e 2º, quenes tiñan que investigar sobre os animais dos polos e dos desertos. Eles decidiron que a mellor maneira de expor o aprendido era mediante unha canción a través da cal nos contaron que desertos coñecen, que animais habitan neles e tamén nos polos, cales son as súas características...
O alumnado de 3º ten que traballar este ano sobre os animais da sabana e, a pesar de que ese día tiveron algunhas baixas, levaron a cabo unha gran exposición na que falaron sobre os diferentes animais que habitan nela, as súas características...
No caso do alumnado de 4º teñen que investigar sobre os animais do bosque e, a pesares de que xa coñecían moitos dos animais por telos na nosa contorna descubriron moitas novas especies, aprendendo moito máis da nosa fauna e flora, dos diferentes bosques que temos na nosa comunidade... Ata crearon unha especie de comprobador de especies coas que temos no noso patio!
E, xa por último, o alumnado de 5º e 6º investigaron sobre os animais da selva e basearon a súa exposición nunha obra de teatro de sombras.
A verdade é que fixeron unhas moi boas exposicións e ademais foron moi orixinais! Nótase que traballaron arreo durante o primeiro trimestre no PDI Carballedo, que animalada! Seguiremos investigando e coñecendo todo sobre os animais nesta segunda avaliación... estade atentos/as!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario