OLA RAPAZADA!
Outro ano máis festexamos o Día das Bibliotecas Escolares co noso xa tradicional concurso de portas coa temática do PDI, este ano chamado Carballedo, que animalada!
Este ano á rapazada de educación infantil tócalle investigar sobre os animais que habitan no fondo mariño e por iso as portas das aulas da profe Fani e da profe Marina convertéronse no fondo do mar cun montón de animais: polbos, medusas, peixes de diferentes especies... ata mergulladores e submarinos atopamos!
Xa en primaria, os nenos e nenas de 1º e 2º están a traballar tanto os animais dos polos como os animais do deserto. Unha gran contraste non sí? Para elo, despois de investigar arreo sobre os diferentes animais que podemos atopar decidiron facer na súa porta unha gran lupa que representa unha viaxe polas dúas zonas e no cal se observan as diferentes especies: dende o narval ata os camelos. Unha verdadeira chulada!
Continuamos coa rapazada de 3º, quen ten que investigar sobre os animais que habitan na sabana. Ambientaron a súa porta con diferentes animais como as xirafas, os leóns... parecía sacada da peli do Rei León non si?
Ao alumnado de 4º tocoulle traballar os animais do bosque e, aínda que xa coñecen moitos como o xabarín ou o raposo, estánlle adicando tempo a profundizar máis sobre eles. Como vedes, a súa porta non só ten moitos deste animais senón que tamén representaron moitas das árbores autóctonas como o carballo. Unha marabilla!
E xa por último, o alumnado de 5º e 6º está traballando sobre os animais da selva e por iso a súa porta parecía sacada do Libro da Selva! Representaron animais como os monos, as pirañas ou os cocodrilos... A verdade é que lles quedou espectacular!
A pesar de que todas son espectaculares, as tres máis votadas foron:
3º premio: 4º de EP
2º premio: 4º e 6º de EI
1º premio: 5º e 6º de EP
(O premio foi recollido só polo alumnado de 5º xa que os nosos rapaces e rapazas de 6º están disfrutando da Digital Week).
NORABOA A TODOS E TODAS POLO TRABALLO REALIZADO!
FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Apertas,
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario