Reto 21 días en galego. Día da Lingua Materna

 O 21 de febreiro celébrase o Día da Lingua Materna e por iso nós temos moito que celebrar. 

Por unha banda, xa adoptamos como tradición no cole desenvolver o Reto 21 días en galego. Como é sabido, unha lingua soamente perde cando non se fala, por iso buscamos fomentar o emprego desta lingua en diferentes ámbitos, contextos e momentos con este reto desenvolto do 1 ao 21 de febreiro.

 Este consistiu en comunicarse en galego o máximo tempo posible dentro da xornada escolar, e tamén no tempo de ocio. Diariamente levouse un rexistro onde a rapazada se autoavaliou e valorou o seu avance. 

Ao longo destes 21 días (abordando así o eido máis musical do noso P.D.I. "O ano de Galicia") iniciamos a xornada con cancións diferentes en galego. 




Este reto culminou coa celebración do Día da Lingua Materna na que convocamos unha xuntanza para compartir chistes en galego, que podedes ver aquí.

Tamén fixemos a entrega de premios aos máis faladeiros en galego de todo o cole, aqueles que día tras día se volcaron na nosa lingua e se preocuparon por ela e pola nosa cultura. Noraboa polo voso esforzo e valoración desta peza clave do noso patrimonio! Agardo que vos gustaran as camisetas.






Castañón!  


Ningún comentario:

Publicar un comentario