EduExchanges 1: Chocolate chips cookies recipie with Jessie!

 Boas rapazada!

Como todos e todas sabedes o noso cole é un centro plurilingüe e, gracias a iso, podemos mellorar a competencia en lingua inglesa e contar cunha magnífica compañía todos os anos: unha auxiliar de conversa como Jessie!


Ademais, este curso fomos seleccionados para participar no programa EduExchanges, a través do cal os compis de 5º e 6 están a facer un intercambio en liña cun cole de Pittsburg, en Pensilvania (EE.UU.). 

Unha das actividades realizadas polo alumnado de 6º, e coordinada por Jessie, foi esta receita das famosísimas cookies americanas. Unha receita chegada directamente dende Ohio coa que se vos vai facer a boca auga, estou seguro!

Non vos perdades este vídeo en inglés onde vos contan os ingredientes que precisades e os pasos que hai que levar a cabo.

P.D. Non me quero despedir sen agradecer a Jessie o boísimo traballo realizado, así como a súa implicación e cariño, ao longo destes anos con nosco =).


Enjoy!!


Castañón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario