Boas rapazada!!
Os grupos de 5º e 6º tiveron a oportunidade de viaxar hoxe ata Santiago de Compostela para coñecer un pouquiño sobre a organización e o funcionamento político de Galicia.
A primeira parada foi a Xunta de Galicia, o lugar principal de traballo do presidente da Xunta e de toma de decisións. Alí puideron visitar diferentes salas e sentarse no posto dos nosos concelleiros e concelleiras, e do mesmo presidente, para coñecer cal era a responsabilidade de cada un.
Despois foron ata o Parlamento e, gracias á colaboración das familias e do alcalde do concello puideros coñecer ao portavoz Pedro Puy e falar con el.
Tiveron un marabilloso guia que os levou ata a biblioteca e nos explicou todas as funcións que se levaban a cabo no Parlamento, con algunhas tan importantes como aprobar as leis.
E rematamos a visita recibindo uns agasallos para a rapazada e para o centro
Xa me contou a rapazada que esta foi unha estupenda saída coa que aprenderon un montón e o pasaron xenial; así como o agradecidos que quedaron con todo o persoal que os atendeu tan ben.
Ata a próxima!!
Castañón
Tivéstedes un gran privilegio!!. Será unha experiencia indeleble!!
ResponderEliminar