CAST@RTISTADAS EN BIBLIOCARBALLEDO: GORRIÑO DE NADAL

Non sabedes o contento que estou hoxe por presentarvos esta nova sección da nosa bibliocreativa. Por fin nos estreamos coas... "Cast@rtistadas en bibliocarballedo"!

O proxecto consiste na realización de videotitoriais en galego por parte da rapazada, para compartir os seus talentos cos seus compañeiros e compañeiras.

A idea nace coa idea de potenciar a creatividade, a expresión oral (especialmente neste ano no que a biblioteca escolar TEN A PALABRA) e, como non, para fomentar o emprego do galego e ofrecer múltiples posibilidades de desenvolvemento.

As Cast@artistadas compartiranse a través de instagram (@biblio_carballedo) e recopilaranse posteriormente aquí, no blogue. 

Este primeiro programa vén da man da nosa compi de 5º Elba Fortes, que nos ensina a facer un gorriño que pode servir tanto de adorno como de chaveiro. 

 Dentro vídeo!





Moitísimas gracias Elba! Encantounos a túa manualidade e fixéchelo xenial.

E ti, anímaste a participar? Pásate pola biblio e ensínalle a todo o mundo o que sabes facer!!

Castañón!!!

1 comentario: