BENVIDOS E BENVIDAS AO MES GASTRONÓMICO DO ANO DE GALICIA!
Se de algo estamos seguros/as é de que a comida en Galicia non pode faltar, polo que no noso proxecto tampouco podiamos deixar de traballar os nosos menús e alimentos típicos.
Ademais de traballar dende ciencias da natureza a roda dos alimentos e a análise de menús galegos para unha dieta saudable, festexamos a nosa gastronomía por todo o alto.
Recibimos no cole á pulpeira de Fuchela do Carballiño, quen explicou por unha banda á rapazada as características do polbo (onde viven, número de tentáculos e corazóns, a súa alimentación...) e por outra, os aspectos máis culturais e os máis gastronómicos. Coñecemos un pouco máis a tradición do polbo nas feiras, como se celebraban antigamente, e descubrimos a diferencia entre a receita de polbo á feira e polbo á galega.
A rapazada puido resolver todas as súas dúbidas e rematamos a xornada cunha degustación de polvo á feira para os máis lambóns e para aqueles que o probaban por primeira vez.
Menudo éxito!!
Cosme, o noso cociñeiro, tamén tivo moito que ver preparándonos deliciosos menús como churrasco, cocido, lacón con grelos... e levounos á súa cociña para que coñeceramos de primeira man os ingredientes que levan e para ensinarnos como se preparan. Moitas gracias Cosme, tamén por prepararnos sempre comidas tan ricas!
Saúdos de Castañón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario