ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DO MES DE NOVEMBRO

 Xa rematou novembro!!


Queredes saber cales foron as actividades realizadas nos obradoiros da biblioteca creativa?! Imos aló!

Aprendemos que é un petroglifo e os significados dalgúns debuxos rupestres, e visitamos Campo Lameiro virtual

                             



                   







Viaxamos por Galicia a través de Google maps, dende o cole e Carballedo ata Coruña, pasando pola muralla de Lugo e contemplando as vistas dende o interior da Torre de Hércules.





A rapazada de infantil continuou adentrándose no mundo da costura



Como non, fixemos un montón de actividades científicas no mes da ciencia en galego: dende programación con Scratch por parte do grupo de 6º ata experimentos de diversa índole.







Continuamos aprendendo lingua de signos coa profe Ana. En novembro foi a quenda de 1º e 2º e da clase de 3º e 4º. E tamén xogamos moito!




Ata a próxima rapazada!




Ningún comentario:

Publicar un comentario