8M. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller. 


Este ano quixemos visibilizar o papel dalgunhas mulleres que fixeron historia, pero tamén de todas aquelas que están no día a día ao noso lado e que fan historia para nós. 

Toda a rapazada xuntouse no patio para escoitar o manifesto de Iria Carreiro Pazo, que recitaron Kidist e Abril. Este títulase "Miña avoa nunca traballou"


 


Ademáis, o alumnado de 4 e 5 anos e o de 1º, 2º, 3º e 4º quixéronvos contar quen son as mulleres máis importantes da súa vida. Aquí o tedes:







Os máis pequeniños do cole estiveron investigando sobre diferentes mulleres que destacaron na historia a través do libro "Intrépidas". 


Elas e eles mesmos vanvos contar o que aprenderon.



A rapazada de 5º estivo traballando co conto "Las niñas serán lo que quieran ser" e, tanto nenas como nenos, reafirmáronse no que xa sabían, que ELAS serán o que queiran ser, e que ELES tamén o serán.






Ademais, traballaron cunha colección de libros que lles encanta (a de Pequeñas y Grandes) e quixéronvos ensinar que non son soamente mulleres famosas as que fan historia (non vos perdades a última parte do vídeo).


E xa para rematar, os máis maiores do cole traballaron un montón esta actividade e fixéronlles unha entrevistas con moito sentimento ás MULLERES DA SÚA VIDA. Noraboa polo voso traballo! GRACIAS A TODAS AS MULLERES DA NOSA VIDA POR ESTAR AÍ AO PÉ DO CAÑÓN CANDO APETECE E, ESPECIALMENTE, CANDO NON!

Hoxe, e os 364 días no ano restantes,

FELIZ DÍA DA MULLER!



1 comentario:

  1. Bó día, o vídeo "MULLERES DA SÚA VIDA" non se pode reproducir, da un erro. Se poden voltar a subilo sería xenial. Gracias.

    ResponderEliminar