SAÍDA AOS MUSEOS CIENTÍFICOS DA CORUÑA

Boas rapazada! 

Como xa sabedes este ano estamos a investigar no cole sobre a CIENCIA, por iso o pasado martes día 13 de novembro, e aproveitando a semana da ciencia, os vosos profes leváronvos Á Coruña para visitar os tres museos científicos que hai alí. 
A xornada comezou coa visita Á CASA DAS CIENCIAS, posteriormente visitastedes o PLANETARIO,e despois fostedes visitar o DOMUS, e rematastedes unha tarde de ciencia visitando o ACUARIO. 

Para que vos lembredes desta experiencia aquí vos deixo un vídeo resumo desta xornada científica. 

Agardo que vos guste tanto coma a min, e a próxima saída que fagades a ver se vos lembrades de min e me levades con vós ... que eu tamén quero ver mundo!!!

 Saúdos Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario