25 N. XINCANA POLA IGUALDADE

Ola rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes o pasado domingo foi o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. E na nosa escola, tivemos una actividade a cargo da empresa Imaxina, financiada polo Concello de Cerdedo-Cotobade. Esta actividade tivo lugar na biblioteca da escola, estivo dirixida ao alumnado de primaria, e consistíu en realizar primeiro a visualización duns vídeos onde se trataban, a través de debuxos animados, diferentes micromachismos. Posteriormente tivo lugar un coloquio e chegou o intre de traballar en grupos os papeis das princesas de Disney e facer unha enquisa sobre quen é o encargado/a das tarefas do fogar.
Unha vez rematado o coloquio cambiamos de espazo e dirixímonos ao ximnasio onde tivo lugar unha ximncana de tarefas do fogar, na cal en pequenos agrupamentos flexibles,  o noos alumnado foi pasando polas diferentes estacións, nunha delas había que colgar a roupa, noutra doblala, noutra fregar a louza, outra era de maquillaxe, outra de peiteado, de varrer, e a derradeira era de conducir un coche.
Coma sempre vos digo vale máis unha imaxe ca mil palabras por iso deixovos aquí as fotografías desta xornada a prol da igualdade e contra a violencia de xénero.






















































 Saúdos, Castañón.

Ningún comentario:

Publicar un comentario