Boas rapazada:
Como xa sabedes onte, día 20 de novembro, celebramos o Día da Palabra na nosa escola. Para esto elaboramos unha TÁBOA PERIÓDICA DOS MUSEOS CIENTÍFICOS. Esta actividade consistíu en que relacionar a visita aos MUSEOS CIENTÍFICOS da pasada semana coa ciencia. Para isto buscamos palabras propias de cada un dos museos e elaboramos un debuxo nunha tarxeta, con todas elas fixemos unha táboa periódica.
Para conmemorar o día da palabra baixamos á entrada da escola e cada alumno/a dende 3 anos ata 6º tivo que explicar que palabra escolleu, que é e o que significa e o porque da súa decisión.
Aquí vos deixo o resultado, e no vídeo tedes o proceso de como fomos creando a táboa pasiño a pasiño.
Ningún comentario:
Publicar un comentario