O alumnado do noso centro realizou unha saída educativa a Santiago de Compostela para coñecer de primeira man dúas das institucións máis importantes de Galicia: o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia, grazas ao programa As nosas institucións.
Durante a visita, tivemos a oportunidade de achegarnos ao funcionamento das institucións galegas, descubrir cales son as súas funcións e comprender mellor como se organiza a nosa comunidade autónoma. Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos permitiu aprender fóra da aula e coñecer máis de preto a realidade política e institucional de Galicia.
Nesta xornada compartimos tamén a experiencia co alumnado e profesorado do CEIP Plurilingüe de Tenorio, outro centro educativo do noso concello, co que vivimos un día diferente, cheo de aprendizaxes, convivencia e novas experiencias.
Sen dúbida, foi unha saída moi especial na que aprendemos, descubrimos e compartimos, achegándonos un pouco máis ás institucións que representan e gobernan a nosa terra.
Aprender coñecendo Galicia é tamén unha forma de medrar como cidadáns e cidadás!

.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario