DÍA DAS LIBRARÍAS

 Boas!

Aquí estou de novo. O venres 13 de novembro foi o Día das Librarías e nós, celebrando o "Ano dos contos" non podiamos deixar de facer algunha actividade para conmemoralo. 

Os máis pequeniños crearon a súa propia libraría na aula. Todos querían ser libreiros e agora son uns expertos/as! Mirade que ben lles quedou:




O alumnado de primaria traballou sobre os dereitos do consumidor e debatiu sobre se era mellor comprar na rede ou nas librerías da localidade. Deste xeito afondaron un pouco na importancia de apostar polo comercio local (especialmente nestes tempos tan difíciles para todos) e para iso decidiciron crear os seus anuncios publicitarios con eslogans. Este foi o resultado











E Ti... APOSTAS POLO LOCAL?

ESTREAMOS O CURSO NA CASTARADIO!


 Boas rapazada!

Xa nos estamos poñendo ao día coa Castaradio. Aínda que cun pouco de atraso, aquí vai o primeiro podcast de novas que gravamos neste curso 2020/2021. Podedes atopar todos os programas que vaiamos emitindo (e os dous outros anos) na lapela "Programas de radio" da barra superior. 

Ensínovos algunhas fotos:

PORTAS GAÑADORAS



ACTIVIDADES DE OUTUBRO-NOVEMBRO DA BIBLIOTECA
COOPERATIVA "AS CORES DE CARBALLEDO"

 






Saúdos de Castañón!!



HISTORIAS DE SAMAÍN

Boas! 

Hoxe non podo máis que darvos a noraboa. Pasei unha fin de semana moi entretida enganchadísimo ás historias de medo que creastes para Samaín. Parécevos se as compartimos cos demais para que poidan divertirse con elas?

 Por fin puidemos estrear a Castaradio este curso! Aquí vos deixo o podcast coas historias que creastes todos os grupos.


Peero... non só traballastes en galego! Tamén vos ensino estes vídeos das historias en inglés que inventastes coa teacher. Que ben o tivestes que pasar gravándoos!

Alumnado de 1º e 2º  

Alumnado de 3º e 4º  

Alumnado de 5º

Alumnado de 6º


Agardo que vos gustasen tanto coma min! Ata a próxima!

Saúdos de Castañón!





OBRADOIROS DE SAMAÍN

 


Chegou o día que tanto andabamos esperando: chegou Samaín. Que terrorificamente ben o pasamos durante toda a mañá! Como cada ano, aproveitamos para celebrar tamén o magosto e, aínda que non puidemos xuntarnos todos os grupos, realizamos unha chea de actividades ao longo do día:

- Fixemos o clásico concurso de disfraces. Que susto levei cando vos vin! Case non me atrevo a saír da biblioteca.  







- Tamén convocamos o concurso de cabazas pero este ano, por seguridade, optamos por non facer a exposición no cole. A temática do concurso neste caso, era a do noso PDI: "O ano dos contos.  Como sempre, teño que dar as grazas a todas as familias pola participación; ensinareivos proximante as fotos para que quededes abraiados coa calidade de todos os traballos.

Tanto deste concurso coma do de disfrazes, comunicaremos os gañadores o día 20 de novembro coa celebración do Día da Palabra.

- Realizamos uns obradoiros de susto: contacontos de medo, xogos de mesa de halloween, castacaza do tesouro, vídeos e bailes de medo, manualidades...

- Dende a nosa bibliocreativa tamén empregamos os escornabots, os códigos QR e fixemos unha receita que estaba boísima!

- Comemos castañas arrea: veu un castañeiro e preparounos unhas castañas riquísimas.


Aquí vos deixo unha pequena mostra do ben que o pasamos.

Agardo que vos guste.


Saúdos de Castañón!!

CANTO CONTO!


Non sabedes a ilusión que me fai dicirvos que inauguramos nova sección! Con este "Ano dos Contos" e debido a que esta situación nos limita a realización dos apadriñamentos lectores, comezamos "Canto Conto!"

O alumnado dos distintos cursos gravará a lectura (interpretada ou non) dos seus contos favoritos para os seus compañeiros e compañeiras dos outros cursos.

Estreámonos coa temática do Samaín e con estas dúas lecturas que fixeron o alumnado de 4º de Infantil e o de 5º de Educación Primaria. Estes nenos van para actores!





Pasade unha boa ponte. O martes volveremos coas pilas recargadas. 

Saúdos de Castañón!


P.D.: familias, estade ben atentas e ide preparando as vosas dotes interpretativas, pronto vos pediremos a vosa participación. 

CASTARIMAS DE SAMAÍN



Boas!

"O ano dos contos" da inicio traballando os distintos xéneros literarios e, en concreto, a poesía a través dos contos con rimas. O alumnado de cada curso creou as súas Castarimas de Samaín, inclusive os máis pequerrechiños, que fixeron a súa aportación xestualizando a súa rima e con estes carteis tan bonitos.

Gústavos como quedou a nosa exposición? Mirade, mirade: que medo!















Pronto vos seguirei amosando máis actividades. Lémonos!


COMEZAMOS CO SAMAÍN

 


A pesar das dificultades do presente curso, como sei que aos meus supercastañeiriños e supercastañeiriñas lles encanta o Samaín, non podiamos deixar de celebralo (aínda que dun xeito diferente). 

Esta semana estivemos preparando o cole a fondo e levamos a cabo diferentes actividades que vos compartiremos proximamente. De momento quero ensinarvos como deixamos todo. 












Agardo que vos guste.