Imos de excursión a Cerdedo!

 A pasada semana tivemos a oportunidade de coñecer moitos dos lugares de Cerdedo investigados ao longo destes meses dentro do noso PDI: Dende A Cuqueira para o mundo, no que estamos a investigar sobre o noso concello.
A nosa primeira parada foi a Eira Grande de Pedre, onde o alumnado de 3º e 4º, quen investigou sobre os diferentes Eirados do concello como a Eira de Ermida, explicáronnos o que era un eirado, as diferentes partes dun hórreo ou a súa importancia.
Despois, collemos o autobús e fumos ata o núcleo de Cerdedo, onde fixemos unha pequena andaina ata a ponte de San Antón para despois merendar na praia fluvial.

E por último fumos ata os petroglifos Lombos da Costa, situados en Santa María de Sacos, un destacado conxunto de arte rupestre cunhas 20 rocas grabadas que destacan polas súas combinacións circurais, círculos concéntricos e figuras de cérvidos.
Seguiremos investigando!
Apertas
Castañón





Ningún comentario:

Publicar un comentario