OLA RAPAZADA!
No mes de marzo no noso centro traballamos a semana da prensa, unha iniciativa que tivo como obxectivo achegar o alumnado ao mundo da información e dos medios de comunicación.
Ao longo desa semana relizáronse diversas actividades nas titorías nas que o alumnado puido coñecer como se elabora unha noticia, analizar titulares, distinguir entre información e opinión e reflexionar sobre a importancia de contrastar as fontes.
Un dos momentos máis destacados foi a creación dos nosos propios xornais escolares. En pequenos grupos, os estudantes convertéronse en redactores e redactoras, investigando temas de interese, realizando entrevistas e redactando as súas propias noticias. Esta experiencia permitiulles desenvolver habilidades como a escritura, o pensamento crítico e o traballo en equipo.
Tamén se dedicou un espazo á análise das chamadas “fake news”, aprendendo a identificalas e comprendendo os riscos que supón a desinformación na actualidade.
A Semana da Prensa foi, sen dúbida, unha experiencia enriquecedora que contribuíu a formar lectores e lectoras máis críticos, conscientes e responsables.
Agardamos repetir esta iniciativa o vindeiro curso con novas propostas e actividades.
Castañón
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario