OLA RAPAZADA!
Antes de marchar ás vacacións de Nadal tivemos unha xornada no cole máis que divertida cos diferentes obradoiros.
Comezamos a mañá festexando o tradicional sorteo da Lotería de Nadal, unha das actividades que máis lles gusta ao noso alumnado, sendo eles os agraciados/as.
Despois, o alumnado por grupos interniveis fou rotando por diferentes obradoiros: manualidades de nadal, adornar as nosas árbores, empaquetar agasallos, bailes de nadal...
E rematamos como non podía ser doutra maneira tomando os nosos 12 gusanitos para despedir como ben se merece o curso 2025.
Agardamos que o 2026 veña cargadiño de actividades e moitas aprendizaxes con elas.
FELIZ ANO A TODOS E TODAS
Castañón
.png)
.png)
.png)
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario