BOAS A TODOS E TODAS!
Antes de nada, desexarvos un feliz ano! Gustaríame comezar este 2026 ensinándovos todo o que traballaron os nosos nenos e nenas ao longo do primeiro trimestre.
O curso 25/26 comezou investigando arreo sobre o concello de Cerdedo-Cotobade.
O noso proxecto ten como obxectivo traballar e coñecer máis en profundidade diferentes aspectos como o noso patrimonio natural e etnográfico, os nosos persoeiros e as festas gastronómicas coas que contamos ao longo de todo o ano.
- Exposición dos nenos e nenas de Educación Infantil
- Exposición da rapazada do 1º ciclo
- Exposición do alumnado de 3º e 4º
- Exposición do terceiro ciclo.
Vémonos nas seguintes exposicións!
Apertas
Castañón
.png)
.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario