Imos de entroido!

FESTA DO ENTROIDO! 

Outro ano máis pasamos unha gran xornada coas nosas familias no entroido, o cal ía este ano de superheroes.

Ao longo desta xornada desfilamos polo pobo xunto coas familias ata o concello, onde nos estaban agardando cunha pequena larpeirada. Ao chegar ao cole fixemos, como non podía ser doutro xeito, un desfile individual para presumir ben do noso disfrace e despois defilaron nenos e nenas coas súas familias.

Unha vez rematados os desfiles, o xurado de disfraces tivo un tempo de reflexión para decidir que disfraces merecían gañar e, mentras tanto, puidemos gozar de postres típicos do entroido cociñados polo noso alumnado e as súas familias.

Xa para rematar, entregamos os diplomas aos premiados e pasamos un ratiño ben divertido con música, baile, photocoll.. Por aquí vos deixamos a proba de que todos o pasamos de marabilla!


VÉMONOS O ANO QUE VEN

APERTAS

CASTAÑÓN


Ningún comentario:

Publicar un comentario