BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
Outro ano máis que o pasamos en grande coa fariña no mércores fareleiro!
Como sabedes, o malvado de Gusmalote volveu facer das súas outro ano máis e retivome no teito da nosa biblioteca durante uns cantos días.
Menos mal que fostedes cumprindo cos seus mandatos e o mércores viñestedes ben protexidos e con roupa zarrapalleira porque vaia vaia como rematastedes a xornada... CHEOS DE FARIÑA POR TODAS PARTES!
Sen lugar a dúbidas, esta tradición de Xinzo converteuse xa nunha tradición no noso colexio e tamén nunha das actividades favoritas de todos e todas nós.
Grazas por tentar salvarme!
Sodes incríbles.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario