BO DÍA RAPAZADA!
Antes de marchar de vacacións festexamos o nadal, fixemos o sorteo da lotería e gozamos das camapanadas todos/as xuntos/as.
Outro curso máis que podemos gozar da época máis máxica do ano co noso alumnado e familias.
O venres antes de marchar de vacacións pasamos unha xornada máis que divertida coa realización duns obradoiros de nadal: elaboración de adornos navideños, baile de panxoliñas, empaquetación de agasallos ou carreiras para ver quen adorna antes ao compañeiro/a.
Despois realizamos o noso xa tradicional sorteo da lotería de Nadal con un gran número de premiados e premiadas.
E por suposto tomamos as camapanadas e demos paso ao ano 2025 todos ben xuntiños uns días antes.
Para rematar esta magnífica xornada e darlle a benvida ás vacacións visualizamos unha película navideña.
Vémonos o curso que ven!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario