Club de lectura 1º trimestre

 OLA RAPAZADA!

Este curso seguimos a tope co noso club de lectura "Os/as castalectores/as". 

Os contos escollidos este ano foron os seguintes:


O alumnado de 1º leu o libro "Investigato" mediante o cal se sumerxiron nunha investigación. Despois de lelo e de falar sobre os aspectos que máis nos gustaron fixemos un pequeno scape room no que a rapazada debeu superar as diferentes probas para poder atopar aos personaxes do conto e profundizar sobre o seu papel ao longo da historia.
En canto o alumnado de 2º, estes decidiron seguir cos libro do Hematocrítico e, neste caso, lemos "O lobo con botas". Tras intercambiar unhas pequenas opinións sobre esta historia decidimos facer unha pequena representación teatral cun teatro de sombras. Este traballo consistiu en adaptar a historia para que fose máis curta, debuxar os personaxes e, sobretodo, moitos ensaios. Unha vez que xa a tiveron lista,
decidiron representárlla a todo o cole e fixéronno xenial!
 
Os nenos e nenas de 3º e 4º leron "Formigas. Misión Tokyo". Tras falar de Xapón e aspectos da súa cultura que viñan reflexados no libro, decidimos facer unha flor mediante o origami, correspondendose a un capítulo.
E xa por último, a rapazada de 5ª e 6º leu "Dúas bágoas por máquina" de Fina Casalderrey. O alumnado decidiu que faríamos un pequeno vídeo onde non só falaremos da trama, senón no que tamén se concienciará e sensibilizará sobre a importancia do benestar animal.


VÉMONOS COAS LECTURAS DO SEGUNDO TRIMESTRE.

APERTAS

CASTAÑÓN

Ningún comentario:

Publicar un comentario