Inaugurando o Entroido: LUNS FARELEIRO!

 OLA RAPAZADA!
Outro ano máis deu comezo o entroido no noso centro co luns fareleiro!

O luns fareleiro xa se está convertendo nun dos nosos días prefereridos do curso. Pasámolo de marabilla tirándonos a fariña! Ademais, o Meco xa nos avisou de que ese día tiñamos que ir ben equipados con gafas de protección para evitar calquer tipo de risco. Deixámosvos por aquí algunhas das fotos dese día, unha proba do divertido que resultou!


Vémonos o próximo ano!

Apertas

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario