BO DÍA RAPAZADA!
O pasado 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro no noso centro.
Este ano, como sabedes, estamos traballando os animais dende o noso PDI polo que, para conmemorar este día, coñecemos cales son os animais que Rosalía nomea nos seus poemas: pombas, xílgaros, galiñas... todos eles coñecidos despois de traballar co libro de "Cantares Galegos".
Unha vez que se decidiron os animais a traballar, puxémonos mans a obra e realizamos uns fermosos automatismos grazas ao material aportado dende Polos Creativos. Unha vez feitos, as diferentes clases, dende EI ata 6º de EP recitaron o poema co cal traballaron e explicáronlle aos demais nenos e nenas en que consiste o traballo feito, os pasos a seguir, material empregado...
SAÚDOS
CASTAÑÓN
Ningún comentario:
Publicar un comentario