Teatro na radio con Paula Carballeira

 OLA RAPAZADA!

Onte todo o alumnado de primaria tivo a oportunidade de disfrutar dun obradoiro de teatro para poder aplicar diferentes técnicas na nosa Cast@radio.

                                                                           

Este obradoiro foi impartido por Paula Carballeira, escritora, actriz e contacontos, quen nos ensinou diferentes técnicas e estratexias para modular a voz, as entonacións, xerar efectos de sonido durante o programa de radio e crear diferentes ambientes en función daquilo que queremos transmitir.

Despois, contounos un pequeno conto e deixounos un dos seus libros "Somos os monstros" e como non podía ser doutra maneira, pedímoslle que nos asinase no noso gran libros de sinaturas.


Moitas grazas pola túa implicación, Paula!

Saúdos,

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario