Feira fin de curso: Carballedo 2030

OLA RAPAZADA!

Pechamos o noso PDI "Carballedo 2030. Camiñando cara a sostebilidade" cunha gran feira na que lle expoñemos a toda a comunidade educativa todo o traballo feito durante este curso académico.

A feira será presentada polo alumnado de 6º de educación primaria, quen explicou ás familias as diferentes zonas nas que dividimos o centro en función do traballado: a zona de exposición dos proxectos realizados, o espazo adicado á cooperativa e o emprendemento, a zona das merendas saudables, a nosa Cast@radio e, por suposto, o noso novo espazo de polos creativos. 

Antes de comezar, os nosos guías explícaronlle á comunidade educativa que era iso da Axenda 2030 e por que este ano o noso PDI foi "CARBALLEDO 2030. CAMIÑANDO CARA A SUSTENTABILIDADE".  

ZONA DE TRABALLOS POR PROXECTOS
Nesta zona a rapazada amosou a maioría dos proxectos e traballos realizados dende o primeiro trimestre, dende diferentes maquetas nas que aprenderon sobre os ecosistemas como unha galería de arte na que amosaron os animais en perigo de extinción e tamén cales son os factores que están a provocar os problemas medioambientais aos que nos estamos a afontar. Ata fixeron unha morea de xoguetes con material de refugallo para fomentar o consumo responsable!

ZONA DE COOPERATIVA E EMPRENDEMENTO
Como xa sabedes, o alumnado de 5º e 5º teñen montada unha cooperativa chamada As Cores de Carballedo. Este ano fixeron unha morea de productos para poder vender nos diferentes mercados e cuxos beneficios foron destinados á Asociación Amencer-Aspace. Pois ben, nesta zona expuxeron os diferentes productos feitos e a súa elaboración, como funciona unha cooperativa... 
ZONA DE MERENDAS SAUDABLES
Un dos obxectivos da Axenda 2030 é o ODS 3: Saúde e Benestar que fomenta hábitos de vida activa e saudable. Pois ben, coa finalidade de potenciar un maior consumo de alimentos saudables propuxemos, cada mes, unha merenda diferente elaborada pola rapazada do cole: cóctel saudable, iogures naturais de limón e mel, biscoito integral... todos boísimos! É por iso que nesta zona quixemos que a comunidade educativa tamén tivera a oportunidade de degustar estas merendas, coñecer os seus ingredientes... e, por suposto, pasar un ratiño agradable! Tamén tiveron a oportunidade de visualizar  noso primeiro programa de cociña.

ZONA DE CAST@RADIO
E que me decides do ben que o pasaron as nosas familias no noso estudo de radio? Nesta zona aprenderon como se facía un programa de radio e, como non podía ser doutra maneira, tamén o gravaron! Vamos, o que fai a nosa rapazada a diario, non é tan díficil a que non?

ZONA DE POLOS CREATIVOS
E xa por último o noso novo espazo, o de polos creativos. Un espazo no que, grazas a unha multitude de materiais o noso alumnado iniciase na robótica, no pensamento computacional... Nesta ocasión foron as familias as que tiveron que realizar diferentes retos propostos pola rapazada como crear un circuíto eléctrico, crear unha figura co Kapla, saber empregar o robot true true... eu penso que o fixeron bastante ben, vos que pensades?
Espero que pasarades un día tan marabilloso coma nós e que vos gustaran as nosas propostas e traballo realizado durante todo o ano!

Apertas



1 comentario: