Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o día dunha das autoras que máis fixo pola cultura galega, que máis fixo por Galicia:
ROSALÍA DE CASTRO
Relacionando esta celebración co PDI "O ano de Galicia", miramos á nosa contorna. Todo o alumnado do centro preparou este recital do poema "Adiós ríos, adiós fontes"; elaborado coas fotografías dos ríos, das fontes, dos regatos e das paisaxes galegas enviadas polas familias.
Ademais disto, @s gardabiblios crearon este mural tan chulo coas fotos de Rosalía do reto do mes.
Realizamos diversas actividades, como a elaboración destes preciosos caligramas cos poemas de Rosalía,
traballos de investigación sobre a vida e obra da autora, que plasmamos nun mural,
ou un pequeno recital dalgúns dos seus poemas.
Feliz Día de Rosalía, galeg@s!
Ningún comentario:
Publicar un comentario