A PAZ É O CAMIÑO

O pasado venres 28 de xaneiro celebramos no cole o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR coa creación dun mural nunha das entradas do recinto. 


Traballando tamén o P.D.I., escollemos o lema "A PAZ é o camiño" e nel aparezo eu vestido de peregrino con todas as vosas pegadas xuntas, camiñando na mesa dirección, xuntos e xuntas, sen importar o tamaño, sen importar a cor e SEN IMPORTAR AS DIFERENZAS. Porque niso consiste o camiño da vida, camiñar uns ao lado dos outros, respectando aos demais.

Primeiro, como sempre, comezamos o traballo a través dunha escolma literaria. 


Despois, Cosme creou o diseño (debuxoume xenial, creo que saio moi favorecido, que pensades?) e todos e todas vos plasmastes a vosa pegada. Como todas as actividades realizadas, enfocámola aos obxectivos da axenda 2030. Neste caso abordamos especialmente...


Chegou o día! Esta foi a nosa celebración.


Teñamos presente que a paz se constrúe día a día, pasiño a pasiño, sempre pensando nas pequenas accións.

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario