Boas rapazada:
Como xa sabedes a semana pasada plantexabamos o 1º reto para activar o cerebro que consistía en facer a torre máis alta. Aquí temos as que se presentaron ao concurso:
A torre de Adrián e Álex Pousa, unha delas foi feita con pezas de construción e mide 1.64 centímetros e ten 79-80 pezas e a outra con pauiños de madeira e usaronse 28 paus e puxéronlle 0.93 metros.
A torre de Breixo e Paula Salatti mide 2.85 metros e para realizala empregaron: Unha caixa con xoguetes, 2 monopolis, 2 crebacabezas, 23 libros e enciclopedias, 3 dicionarios,15 contos, 1 máquina de facer pegatinas,6 bonecos, 2 cadeiras,unha alfombra de goma eva, 2 cestas, unha caixa con apuntes, 10 cubos apilables de cartón e un debuxo cun arco da vella. En total 65 obxectos nos que se axudaron dos seus pais e dun gancho para poder chegar ao máis alto.
A torre de Aldara e Laia Malvar fixeron unha torre de 1.50 metros na cal empregaron os contos da súa habitación, concretamente 148.
A torre de André Regadas, que mide 1.11 metros e está composta por 43 obxectos:
A torre de Daniel Chamadoira que fixo unha torre de 1.74 metros composta de 14 elementos.
BREIXO E PAULA SALATI COA SÚA TORRE DE 2.85 METROS DE ALTURA!!!
PARABÉNS RAPACES!! E A VOLTA AO COLE IDE POLA BIBLIOTECA PARA RECOLLER O VOSO PREMIO.
SAÚDOS
CASTAÑÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario